A CIG pon autobuses para a manifestación en defensa do sistema público de pensións

Sairán de todas as comarcas, o sábado 26, para acudir a Compostela
Nacional - 23 Xan 2019

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada para o sábado día 26 de xaneiro en Compostela, en defensa do sistema público de pensións, xunto co colectivo de xubilados/as e pensionistas da central sindical, o colectivo de emigrantes retornados/as e o colectivo de mariñeiros de Long Hope. Para facilitar o desprazamento a Santiago sairán autobuses de todas as comarcas. Para anotarse só hai que chamar ao teléfono que se adxunta.

A central sindical lembra que os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20 euros de media ao mes, imposibilitando a recuperación do poder adquisitivo perdido polos/as pensionistas. Denuncia que en Galiza, onde os salarios son máis baixos, tamén o son, xa que logo, as pensións e advirte de que os debates na Comisión do Pacto de Toledo, as recomendacións do FMI, da OCDE, os recentes anuncios do goberno sobre a prolongación da idade da xubilación, ou o recente decreto de contratos relevo e xubilación parcial confirman a pretensión de introducir novos recortes.

“Unha loita de todas e todos”

Para a central sindical, que vén mobilizándose desde hai anos para exixir unhas pensións públicas, dignas e garantidas, a defensa das pensións -as do presente e as do futuro-, “é unha loita de todos e todas”. Por iso chama a saír á rúa, o vindeiro sábado, en Compostela, na manifestación que partirá ás 12:00 horas da Alameda, para exixir a derrogación das reformas que atrasaron a idade de xubilación, dificultaron o acceso ás mesmas e provocaron o empobrecemento do poder adquisitivo das/os pensionistas, mais tamén para preservalas no futuro, como dereito inalienábel da clase traballadora.

Lugares e horas de saída dos autobuses

FERROL:

Saen das Pontes, (local da CIG), ás 9:30h e de Ferrol (local da CIG) ás 10:00h, facendo paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo.

Telf. Comarca Ferrol: 981 358 750

VIGO:

Saen de Vigo, O Porriño, Cangas e A Guarda. Os/as interesados/as deben anotarse previamente até o venres 25 de xaneiro pola mañá.

Telf. Comarca Vigo: 986 827 900

LUGO:

Lugo: Ás 10:00h con saída desde o Edificio Sindical
Monforte: ás 09:45h con saída desde A Compañía
Ribadeo (A Mariña): ás 09:00h con saída desde a Estación de Autobuses.

Telf. Comarca Lugo: 982 581 861

A CORUÑA:

Saida ás 10:15h da praza da Palloza ou ás 10:30h da SEAT en Afonso Molina.

Telf. Comarca A Coruña: 981169293

OURENSE:

Sairá as 10:15h do Parque de S Lázaro.

Telf. Comarca Ourense: 988 233 134

PONTEVEDRA:

Sae de Pontevedra e Vilagarcía e recolle noutros puntos.

Telf. Comarca Pontevedra: 986 852 950

BARBANZA:

Sairán autobuses desde Noia, Boiro e Rianxo.

Telf. Local As Rías: 981873654

COSTA DA MORTE:

Sae ás 10:00 horas da estación de autobuses de Cee.

Telf. Local de Cee: 981745266