
A CIG pide o compromiso da Xunta para que non se perda ningún emprego en Jealsa
O sindicato e o comité de Escurís solidarízanse coas compañeiras/os do mesmo grupo empresarial

A CIG manifesta a súa preocupación polas consecuencias que pode ter para o emprego o incendio declarado este sábado na nave de Jealsa en Boiro. A central sindical demanda da Xunta o compromiso de que se adoptarán as medidas necesarias para garantir todos os postos de traballo.