A CIG participa nas xornadas da Plataforma Sindicatos pola Democracia Enerxética
A pasada semana celebráronse en Xenebra unas xornadas organizadas pola plataforma Sindicatos pola democracia enerxética. Durante dous días de traballo debateuse sobre distintos aspectos relacionados coa crise climática, a transición xusta, a sobreexplotación dos recursos naturais, e as consecuencias que todo este proceso conleva para a clase traballadora. A CIG asistiu como convidada a estas xornadas, participando activamente nos debates e conclusións.
Esta plataforma xurde no ano 2013, no marco do congreso internacional organizado pola CTA sobre a “iniciativa de poder para un mundo necesario”, no que confluíron máis de 150 organizacións sindicais de todos os continentes. É unha iniciativa global e multisectorial que ten como propósito avanzar na dirección e o control democrático da enerxía, para promover solución á crise climática, á pobreza enerxética, á degradacións das terras e da xente, e responder diante dos ataques aos dereitos e á protección dos traballadores e traballadoras.
Os seus obxectivos resúmense en tres puntos:
• Axudar a construír e fortalecer unha comunidade sindical a nivel mundial pola democracia enerxética. TUED é unha plataforma para que participen sindicatos de todos os países, e promover solución reais aos problemas enerxéticos e climáticos, e avanzar na xustiza social e ambiental.
• Desenvolver materiais educativos de alto impacto, distribuír un boletín electrónico e convocar reunión e retiros de traballo que promovan o debate e axuden a crear unha análise compartida de asuntos enerxéticos e climáticos de importancia.
• Conectar o plano de traballo pola democracia enerxética coas loitas e campañas sindicais, de xeito que fomenten unha participación ampla dos membros, aumenten o poder da clase traballadora e faciliten a solidariedade a través de movementos que comparten metas semellantes.
Arredor destas ideas, durante dúas xornadas celebráronse distintos seminarios, conferencias e debates, dos que facemos un pequeno resume:
Sesión 1: Contexto. Sindicatos cambio en Europa.
• A crise da Europa Social e o cambio cara a esquerda. Por Martin Schirdewan, de Rosa Luxemburg Stiftung, Bruxelas.
• A loita pola democracia en Europa,: Novos movementos e tendencias. Por Absjorn Wahl, NUNGE, Noruega e a Federación Internacional de Traballadores/as do Transporte (ITF).
• Despois do Referéndum pola enerxía. Por un membro da Unión Sindical Suíza.
• Situación actual da enerxía en Reino Unido, logo das eleccións. Por Samantha Mason, de Servizos Públicos e Comerciais de UNION, Reino Unido.
Sesión 2: Alternativas públicas e de mercado. Estado da política enerxética en Europa hoxe e alternativas de cambio.
• Sindicatos e Democracia Enerxética. Identificación das chaves e trocos posibles. Por Sean Sweeney, TUED.
• Avance do cambio climático en tempos de austeridade: Que se pode facer para unha transición xusta? Por Bela Galgoczi, Instituto Europeo de Sindicatos (ETUI).
• Trocos nos enfoques públicos das enerxías renovables. Por Yuliya Yurchenko, Unión de Servizos Públicos Internacionais de Investigación (PSIRU).
Sesión 3: Cuestións, accións e campañas.
• Residuos en Europa. Manter aos bancos responsables. Por Christian Lutti.
• Loita contra a privatización e reclamación da auga. Por Georgios Archontopoulos, Eyath Water Union (Grecia), e Guillaime Durivaux, EPSU.
• Francia: Campaña polos empregos climáticos.. Por Julien Rivoire, FSU.
• Italia: Construción de alianzas. Por Simona Fabiani, CGIL.
Sesión 4: Continuación con campañas.
• Holanda: Perspectivas do Grupo climático FNV. Por Patrick Van Klink, FNV.
• Deterioro nos hábitos alimentarios e a manufacturación.
• Alternativas para un transporte público, colectivo e non contaminante.
• Fracking no Reino Unido. Por Paul McCarthy, GMB.
Sesión 5: Análise e enfoque organizativo. Cal é a lección destes primeiros 5 anos de TUED. Debate e conclusións.
Sesión 6: Cara onde imos?
Logo de cada sesión abríronse quendas de intervencións, cun amplo debate e discusións sobre os aspectos tratados, e as pautas a seguir de cara ao futuro, emprazándonos a seguir participando no futuro, ben como simples colaboradores, ou ben formando parte da estrutura da plataforma sindical pola democracia enerxética. E convidando a todos/as os/as participantes aos seguintes eventos que se vaian organizando.