A CIG participa, como delegación convidada, no XV Congreso da CGTP-IN
A CIG participou como delegación convidada no XV Congreso da CGTP-IN, que se celebrou os días 23 e 24 de febreiro, no Seixal, sob o lema “Garantir Direitos. Combater a exploração. Afirmar Abril por um Portugal com futuro”, en conmemoración do 50 aniversario da “Revolução dos Cravos”, que tivo lugar o 25 de abril do ano 1974 e para reafirmar o espírito daquel momento, que pervive no sindicato.
No Congreso elixíronse os membros do Consello Nacional para o próximo mandato de catro anos da intersindical e foi votado e aprobado, polos preto de 730 delegados e delegadas asistentes ao Congreso, o programa de acción sindical.
Ademais da renovación de cadros, elixíronse 39 dirixentes do Consello Nacional e o novo secretario xeral, Tiago Oliveira, coordinador da União de Sindicatos do Porto, que susbtitúe no no cargo a Isabel Camarinha.
En representación da central sindical asistiron o secretario xeral, Paulo Carril, e o responsábel de Internacional, Xosé Lois Rivera, que participaron xunto coas máis de 80 delegacións convidadas, tanto no Seminario Internacional, que se celebrou previo ao Congreso, como nas propias sesións congresuais.