A CIG obtén maioría absoluta nas eleccións sindicais ao comité provincial da Coruña de Arriva

Conseguiu 7 dos 9 delegados/as que se elixían
A Coruña - 19 Set 2019

A CIG vén de obter a maioría absoluta nas eleccións sindicais ao comité provincial da Coruña da empresa de transporte de viaxeiros Arriva, que se corresponde con Santiago, A Coruña, Bergantiños e A Costa da Morte. A central sindical conseguiu 7 dos 9 delegados e delegadas que conforman o comité e 153 votos fronte os 58 de CCOO e UGT.

Cadros cos resultados das eleccións sindicais ao comité provincial de Arriva

COLEXIO DE ESPECIALISTAS

 

VOTOS

DELEGADOS/AS

CIG

130

6

UGT

20

1

CCOO

14

1

 

COLEXIO DE ADMINISTRATIVOS

 

VOTOS

DELEGADOS/AS

CIG

23

1

CCOO

1

-

 

O responsable nacional de transportes da FGAMT, Xesús Pastoriza valora moi positivamente estes resultados que “veñen respaldar o traballo desenvolvido pola CIG durante este período e o modelo sindical que representa”.

Neste sentido subliña que até o de agora a CIG non puidera presentar candidatura no colexio de administrativos pero desta volta si, “cun resultado espectacular, 23 votos por 1 de UGT “.

Pastoriza lembra que a CIG é, en Arriva, a primeira forza en Galiza e a segunda no Estado.