A CIG obtén a maioría absoluta nas eleccións celebradas en Ilunion Lavanderías de Santiago
A CIG vén de acadar a maioría absoluta no comité da empresa Ilunion Lavanderías de Santiago de Compostela, ao lograr 7 representantes dun comité formado por 9 persoas. A CIG convértese así na primeira forza nesta empresa, pasando de ter 3 delegados/as a contar con 7.
Por colexios, no de persoal Técnico, a CIG obtivo o delegado/a que se escollía ao recibir 11 votos, mentres que a candidatura de UGT tivo 3 votos e a de USO ningún. No colexio de Especialistas, a CIG logrou 6 representantes e a USO obtivo 2, ao recibir 97 e 27 votos respectivamente.
Con este resultado a CIG logra a maioría absoluta do comité, mentres que a USO pasou de 5 a 2 representante e UGT desaparece do órgano de representación desta empresa do grupo Once.
A CIG-Sevizos agradece o apoio amosado polos traballadores e as traballadoras ás súas candidaturas e reafirma o compromiso na defensa dos dereitos e na mellora das condicións laborais. Neste senso, subliñan o enorme traballo que fica por diante, "prevéndose mobilizacións a curto prazo ante a próxima negociación do convenio colectivo de empresa".