A CIG mobilizarase na planta principal de Coren en Ourense en apoio da loita dos falsos/as autónomos/as de Servicarne
Desenvolverá unha concentración de delegados/as diante da empresa este xoves de 11.00 a 12.00 horas
A CIG desenvolverá unha concentración de delegados/as sindicais ás portas da planta principal de Coren en Ourense en apoio da loita dos falsos/as autónomos/as de Servicarne dependentes de Frigolouro, empresa do Porriño que pertence ao grupo cooperativo ourensán. A mobilización terá lugar este xoves de 11.00 a 12.00 horas para esixir a readmisión dos traballadores/as despedidos por participar na folga convocada para reclamar unhas condicións laborais dignas.