A CIG manifesta a súa solidariedade coa greve geral no Brasil
A CIG quere manifestar a súa solidariedade de clase cos traballadores e traballadoras brasileiras que hoxe, 30 de xuño, levan adiante unha xornada de “grevel geral” contra as políticas antilaborais e antisociais do ilexítimo Goberno dereitista encabezado por Temer. Políticas antilaborais e antisociais que se concretan nunha reforma das pensións, que dificulta e precariza o acceso a estas por parte dos traballadores e traballadoras brasileiras, e unha reforma laboral, que afonda nunha maior precariedade e perda de dereitos para a clase traballadora brasileira.
A xornada de “greve geral” vai ter como culminación un importante número de manifestacións e mobilizacións diversas nos diferentes estados que conforman o país, convocadas por nove organizacións sindicais: CTB, GGTB, CUT, UGT, CSB, CSP, ForÇa Sindical, Intersindical e NCST.