A CIG manifesta a súa máis enérxica repulsa ao ataque imperialista lanzado por EUA contra Venezuela

Chama a participar na concentración convocada en solidariedade co pobo venezolano ás 20:00 horas de hoxe sábado diante do Consulado de Venezuela en Vigo
Internacional - 03 Xan 2026

A Confederación Intersindical Galega rexeita o ataque imperialista e colonial dos EUA contra a República Bolivariana de Venezuela e denuncia a complicidade e o silencio dos países da UE contra esta inadmisíbel intervención militar.

A central sindical traslada a súa solidariedade ao goberno e ao pobo venezolano e chama a participar na concentración que terá lugar diante do Consulado de Venezuela en Vigo hoxe sábado, día 3 de xaneiro, ás 20:00 horas, en defensa da paz e polo respecto á soberanía de Venezuela, de América Latina, do Caribe e do mundo.