A FGAMT-CIG faise con dous delegados/as no comité de Embutidos Lalinense
A FGAMT-CIG de Pontevedra obtivo dous delegados/as no comité de Embutidos Lalinense no proceso electoral que se vén de celebrar na empresa dezá. Trátase da primeira ocasión na última década na que a central obtén representación nesta compañía.
A CIG sumou os seus dous representantes no colexio de especialistas, no que foi a forza máis votada con 18 apoios, mentres que CCOO fíxose cun delegado/a neste colexio con 14 votos. A central estatal obtivo outros/as dous delegados/as entre o persoal técnico e administrativo.
Trátase da primeira ocasión na última década na que a CIG consigue representación nesta histórica compañía da comarca do Deza -foi fundada en Lalín no ano 1949-, xa que nos dous anteriores procesos electorais CCOO lograra os cinco delegados/as.
Dende a FGAMT agradecen a confianza depositada polo cadro de persoal de Embutidos Lalinense no proxecto que representa a central, e dende a representación sindical da CIG na empresa adiantan a súa disposición a loitar na defensa dos dereitos laborais do conxunto dos traballadores/as da compañía.