A CIG faise coa maioría absoluta nas eleccións sindicais no centro de traballo de Cofano en Vigo

A central sumou 4 dos 5 representantes que se escollían no comité de empresa da cooperativa de distribución farmacéutica
Vigo - 19 Dec 2024

A federación de Servizos da CIG fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar no centro de traballo da cooperativa de distribución farmacéutica Cofano en Vigo ao sumar 4 dos cinco representantes que se escollían no comité.

No recente proceso a CIG-Servizos logrou duplicar a súa representación na empresa ao pasar de 2 a 4 delegados/as tras presentar por primeira vez candidatura entre o persoal técnico e administrativo, onde obtivo as 2 representantes. 

A CIG logrou presentar por primeira vez candidatura entre o persoal ténico e administrativo

Os outro/as 2 delegados/as conseguiunos no colexio de especialistas grazas aos 22 votos colleitados. Pola súa banda, CCOO rexistrou 9 apoios, o que lle dá dereito a 1 representante no comité desta cooperativa de distribución farmacéutica, que só en Vigo emprega a 86 persoas e que conta con outros centros de traballo en Pontevedra, Ourense e A Coruña.

Dende a central agradecen o apoio recibido por parte do cadro de persoal e márcanse como obxectivo para os vindeiros anos “afianzar” o traballo sindical desenvolvido durante o último período “ante os importantes retos que se presentan na compañía para mellorar as condicións laborais”.