A CIG-Industria logra os cinco representantes que se escollían no comité da empresa ourensá Egatel
A federación de Industria da CIG gañou as eleccións sindicais que se veñen de celebrar na empresa ourensá Egatel e fíxose cos cinco representantes que se escollían no comité. É a terceira ocasión na que a central se sitúa como forza hexemónica na compañía de telecomunicacións situada no Parque Tecnolóxico de Galiza, en San Cibrao das Viñas.
A candidatura da CIG-Industria foi a única que concorreu a un proceso no que emitiron o seu voto 29 dos 32 traballadores/as que se atopan de xeito presencial na empresa. Un total de 25 déronlle ao seu apoio á central sindical, mentres que se contabilizaron catro votos en branco.
Dende a federación de Industria agradecen a confianza recibida por parte do cadro dun persoal que que se decanta por terceira vez polo proxecto sindical que representa a CIG, ao tempo que adiantan a súa disposición de seguir a loitar na defensa dos dereitos laborais do conxunto das persoas traballadoras da empresa.