A CIG-Industria logra dous delegados/as no comité de ACS Ibérica en Ourense
A federación de Industria de Ourense logrou 2 dos 5 delegados/as que se escollían no comité de empresa de Advanced Comfort Systems (ACS) Ibérica na primeira ocasión que se celebran eleccións sindicais na compañía con sede no Parque Tecnolóxico de Galiza, en San Cibrao das Viñas.
A central foi a forza máis votada no colexio de especialistas, no que obtivo 2 dos 3 representantes que se elixían, mentres que CCOO sumou 1 e a UGT outro. Entre o persoal técnico e administrativo escollíase outro/a delegado/a, que foi para CCOO.
Dende a CIG-Industria de Ourense salientan a importancia de contar con representación no primeiro proceso electoral que se celebra na empresa, “sobre todo tendo en conta que a dirección apostou claramente pola candidatura de CCOO”.