A CIG-Industria faise cos tres delegados/as que se escollían na empresa PSA Retail de Ourense
A federación de Industria da CIG fíxose cos tres delegados/as de persoal que se escollían nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar na empresa ourensá PSA Retail. Os tres candidatos da central sumaron un total de 61 votos, mentres que os da USO, que non obtivo representación, lograron 31 apoios.
Dende a CIG-Industria de Ourense valoran moi positivamente o excelente resultado conseguido nesta empresa de venta de vehículos a por menor que conta cun cadro de persoal de 35 persoas “xa que tiñamos en contra ao propio xerente, que coaccionou facilitando a candidatura da USO e mesmo participou nas votacións”.
Segundo explican, a dirección tiña moito interese en que a CIG quedase sen representación porque o actual convenio de empresa remata o vindeiro 31 de decembro “e hai que comezar as negociacións para renovalo”. Neste senso, lembran que PSA Retail de Ourense réxese por un convenio propio en mellores condicións que o estatal, que é o que se aplica no resto de Retail.