A CIG-Industria denuncia que a suposta recuperación do sector naval da Ría de Vigo "é unicamente propagandística"
Dende a federación de Industria da CIG fixeron público un comunicado no que matizan as recentes informacións publicadas polos medios nas que se fala da suposta recuperación no sector naval da Ría de Vigo e se asegura que lidera a contratación de novos proxectos por diante de asturianos e vascos:
1º. Compáranse as actuais contratacións coas de anos anteriores, cando case non existía sector ao atoparse practicamente desfeito.
2º. Das seis contratacións, dúas dependen de Armón Asturias e outra dun estaleiro de Marín; ademais, trátase de estaleiros pequenos que xa estaban a traballar, polo que o impacto en termos de postos de traballo é nulo.
3º. Os estaleiros que levaban o peso da contratación en termos de buques e postos de traballo seguen no dique seco; Barreras está á espera da entrega do flotel, co que quedaría baleiro; Vulcano leva cinco anos sen contratación e no limite da resistencia; xa pasaron tres anos dende que Metalships entregou o ultimo buque; e Freire atópase rematando dúas construcións.
4º. No ano 2007 o número de empregados/as no sector naval da Ría de Vigo superaba os 9000, mentres que na actualidade non chega a 1500:
| Ano 2007 | Hoxe |
Barreras | 2375 | 300 |
Vulcano | 1083 | 85 |
Metalships | 1500 | 160 |
Freire | 600 | 350 |
Armón | 600 | 350 |
Cardama | 300 | 200 |
Talleres industria auxiliar | 2650 |
|
Total | 9008 | 1445 |