A CIG-Industria de Vigo logra dous delegados no comité de Gallega Mecánica (Game)
A federación de Industria da CIG de Vigo logrou dos delegados/as no comité de empresa de Gallega Mecánica (Game), compañía dedicada ao mantemento industrial que pertence ao grupo Ganain e que conta con 60 traballadores/as. A central gañou as eleccións sindicais no taller ao superar en votos a CCOO.
Tras o proceso electoral que se vén de celebrar na firma situada no polígono da Pasaxe, en Vincios (Gondomar), a CIG conta por primeira vez con representantes no comité de empresa, integrado por cinco delegados/as, xa que até o de agora o único sindicato con representación era CCOO.
A central superou en votos a CCOO entre o persoal de taller (21 a 19), pero o sindicato estatal obtivo un total de tres delegados/as ao lograr outros dous representantes no taller e tamén o que se escollía nas oficinas, onde foi a única candidatura presentada.
Dende a CIG-Industria agradecen a confianza depositada polos/as empregados/as de Game nos candidatos da central, que centrarán os seus esforzos na mellora das condicións de traballo e na defensa dos dereitos laborais do conxunto do cadro de persoal.