A CIG gañas as eleccións sindicais na Autoridade Portuaria de Vigo
A CIG gañou as eleccións sindicais que se veñen de celebrar na Autoridade Portuaria de Vigo (APV) ao obter 4 dos 9 delegados/as que se escollían no comité de empresa. A central foi a forza máis votada nos dous colexios, logrando 3 representantes no de técnicos/as e administrativos/as e 1 no de especialistas.
Unha vez realizado o reconto de votos no proceso electoral da APV, a CIG eríxese como primeira forza sindical en representación, desbancando a CCOO. Deste xeito, o comité queda formado por 4 delegados/as da central, 3 de CCOO e 2 da UGT.
A CIG foi o sindicato máis votado nos dous colexios: 75 apoios no de técnicos/as e administrativos/as (3 delegados/as) e 14 no de especialistas (1 delegado/a). A continuación situouse CCOO con 68 votos no de técnicos/as e administrativos/as (3 delegados/as) e 10 no de especialistas (sen representación). A UGT logrou os seus 2 delegados/as no colexio de técnicos/as e administrativos/as con 34 votos, mentres que no de especialistas obtivo un único apoio.
Grazas a este resultado, a CIG terá representación no consello de administración da APV como forza sindical maioritaria. No proceso podían votar 221 traballadores/as no colexio de técnicos/as e administrativos/as e 28 no de especialistas, exercendo o seu dereito un total de 179 e 25 respectivamente.