A CIG gaña cunha ampla marxe as eleccións sindicais nos Concellos da provincia de Ourense
O proceso electoral que se vén de celebrar nos distintos Concellos ourensáns deixou a CIG con máis do dobre da representación que obtiveron CCOO (19 delegados/as, 14,17%) e UGT (15 delegados/as, 11,19%).
Dende a Unión Comarcal da CIG de Ourense salientan os datos de representación logrados pola central nas principais vilas da provincia, xa que se fixo coa maioría absoluta en Xinzo de Limia, Verín, Allariz, Maceda e Manzaneda. Ademais, obtivo “importantes resultados” no Barco, O Carballiño e Ribadavia.
Ao mesmo tempo, cualifican de “histórica” a representación acadada na Deputación de Ourense, “onde se volve demostrar que o sindicalismo de clase, nacionalista e reivindicativo volve ter representación en ámbitos dominados polo sindicalismo amarelo promovido polo actual Goberno provincial do PP”.
Finalmente, dende CIG-Ourense felicitan a todos/as os compañeiros/as da Administración local polos resultados obtidos e reiteran “o noso compromiso coa defensa dos dereitos dos traballadores/as e dos servizos públicos, universais e de calidade”.