A CIG gaña as eleccións sindicais en Yáñez SL de Ferrol e en Vapores Suardíaz
A CIG vén revalidar a representación nas eleccións sindicais celebradas en Yáñez SL (concesionario Volkswagen de Ferrol, antigamente Gándara Motor) ao obter o delegado que se escollía, malia que polo recorte de persoal, na empresa pasouse de escoller tres representantes a un.
No caso de Vapores Suardíaz, empresa que opera os guindastres de Navantia Fene-Ferrol, na que non existía representación sindical, a CIG-Industria obtivo os tres delegados en liza e consolida así a súa posición como sindicato maioritario no sector.