A CIG gaña as eleccións sindicais en Norinver ao obter os 5 delegados/as que se escollían
Nas eleccións celebradas no día de hoxe en Norinver, a CIG-Industria obtivo os 5 delegados que se escollían para o comité de empresa, sendo a única candidatura que se presentou. Deste xeito, a central sacou os catro representantes que se elixían no colexio de operarios/as e o delegado que se escollía no de técnicos/as.
Esta empresa, con sede no polígono de Vilar do Colo e con preto de 80 traballadores e traballadoras, non contaba até o de agora con representación sindical. A CIG-Industria agradece o apoio depositado polo persoal nas candidatura da central e reafirma o seu compromiso na defensa e mellora dos dereitos.
Norinver dedícase á montaxe de instalacións eléctricas, tanto en buques como en diversos complexos industriais.