A CIG gaña as eleccións sindicais en Montajes Industriales Neosic (Grupo Amper)
A CIG gañou as eleccións celebradas hoxe na empresa Neosic (situada no Polígono Vilar do Colo en Cabanas) ao obter tres dos cinco membros que integrarán o comité. Esta empresa, que pertence ao Grupo Amper, dedícase á montaxe de andamios e até agora non tiña representación.
Nas eleccións sindicais celebradas onte, no Colexio de Especialistas, a CIG obtivo 45 votos fronte aos 11 logrados pola candidatura da UGT, o que supón 3 dos 4 representantes que se escollían entre o persoal operario. No colexio de persoal Técnico e Admistrativo, o/a representante que elixía foi para a UGT, ao ser a única lista que se presentou. Neosic conta con 75 traballadores e traballadores.
A CIG agradece o apoio amosado á súa candidatura e reafirma o compromiso na defensa dos dereitos do persoal e na mellora das condicións sociolaborais.