A CIG gaña as eleccións en Maniber de Ourense a primeira vez que presenta candidatura
A CIG-Industria de Ourense gañou as eleccións sindicais na compañía Manufacturas Ibéricas SA (Maniber) a primeira vez que presentaba candidatura. A central fíxose con 3 delegados/as no comité de empresa ao sumar un total de 37 votos.
Tras o proceso celebrado onte a representación sindical en Maniber confórmana 3 delegados da CIG e 2 da UGT, sindicato que obtivo 26 apoios nunhas eleccións que participaron 64 dos 73 traballadores/as que integraban o censo. Contabilizouse tamén un voto en branco.
Dende a federación de Industria de Ourense agradecen o apoio do cadro de persoal ao modelo sindical que representa a CIG e adiantan a disposición da representación da central en Maniber a loitar na defensa dos dereitos laborais do conxunto dos empregados/as.