A CIG gaña as eleccións sindicais no funcionariado na Axencia Tributaria
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais ás xuntas de persoal que se celebraron no día de onte entre o persoal funcionario da Axencia Tributaria en Galiza. Unha vez máis, as candidaturas da CIG foron as que máis apoio recibiron na Delegación Especial ao obter un total de 10 representantes.
Por provinciais, a representación da CIG queda repartida do seguinte xeito: A Coruña 5, Pontevedra 3, Lugo 1 e Ourense 1.
Os resultados das eleccións son os que seguen:
A representación da CIG agradece a confianza depositada polos traballadores e as traballadoras da AEAT nas candidaturas da central sindical e reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos do persoal e na loita para acadar unha Administración Pública mellor.