A CIG gaña as eleccións no concesionario Luis Aragonés de Ourense ao obter os tres delegados
A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas no concesionario oficial da Renault, Luis Aragonés, en Ourense, ao lograr os tres delegados de persoal que se elixían. En total, os candidatos da CIG conseguiron máis do dobre dos votos que obtiveron os candidatos da UGT, que non sacou representación.
Dende a Federación de Industria de Ourense destacan a elevada participaron neste proceso no que participaron 37 traballadores/as dun censo total de 39 persoas. Así mesmo queren agradecer a confianza depositada na candidatura da CIG e reafirmar o compromiso na defensa dos dereitos salariais e laborais do conxunto dos traballadores e traballadoras, nomeadamente a seguir na loita por lograr que se implante a xornada laboral de luns a venres.
Unha reivindicación que vén de lonxe e a prol da que a CIG xa convocou unha folga en solitario no ano 2016.