• Nova

A CIG gaña as eleccións na empresa Zara España S.A. da provincia da Coruña

Pasa a ser a primeira forza tanto en Zara como en Lefties
A Coruña - 23 Xan 2019

A CIG vén de gañar as eleccións na empresa Zara España S.A. que abrangue as tendas de Zara e Lefties da provincia da Coruña converténdose por primeira vez en primeira forza nas tendas de ambas as marcas da multinacional Inditex.

A CIG sitúase como primeira ao ser a máis votada tanto no colexio de Especialistas como no de Técnicos. Deste xeito obtén un total de 183 votos, fronte os 173 de UGT e os 65 de CCOO. Os resultados son os seguintes:

ESPECIALISTAS

 

VOTOS

DELEGADAS

CIG

125

5

CCOO

27

1

UGT

119

5

 

TÉCNICOS

 

VOTOS

DELEGADAS

CIG

58

2

CCOO

38

2

UGT

53

2

 

A CIG-Servizos valora moi positivamente este resultados porque “reforza o traballo feito durante estes catro anos polas compañeiras da central sindical e dálle ánimos para seguir traballando para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da empresa Zara España S.A”.