A CIG gaña as eleccións en Torre de Núñez e consegue a maioría absoluta no comité

Lugo - 14 Dec 2023

A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas no día de onte na empresa cárnica Torre de Núñez ao lograr 8 dos 9 membros que se elixían e facéndose deste xeito coa maioría absoluta do comité. Neste proceso, ademais, a CIG reforza a súa condición de primeira forza sindical ao conseguir tamén 1 representante no colexio de técnicos, no que até agora non lograra presentar candidatura.

Para a FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña este resultado (pasar de 4 representantes a 8) avala o traballo sindical desenvolvido nos últimos anos polos delegados e as delegadas, atendendo as demandas do conxunto do persoal e dando resposta ás súas problemáticas.

Por colexios, os resultados son os que seguen:

 

Colexio de Persoal Técnico

Colexio de Especialistas

 

Representantes

Votos

Representantes

Votos

CIG

1

15

7

66

CCOO

1

10

-

-

 

A FGAMT-CIG agradece a confianza depositada novamente polos traballadores e as traballadoras nas súas candidaturas, e considera que estes resultados evidencian a capacidade da central nacionalista de xestionar e trasladar a información precisa ao persoal tamén naquelas empresas reguladas polos convenios de ámbito estatal, cuestión que se pretende presentar por outras organizacións como determinante á hora de elixir os e as representantes no comité.

Torre de Núñez é unha empresa histórica da provincia de Lugo que se dedica á elaboración de produtos cárnicos e que conta con centros de traballo no lugar de Conturiz (Lugo) e no  polígono industrial do Corgo. Na fábrica de Lugo traballan 145 persoas.