A CIG gaña as eleccións en Reganosa ao obter 3 delegados/as nun comité de cinco

Ferrol - 20 Dec 2024

A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas este venres na planta de Reganosa ao obter tres representantes dun comité de cinco. Con este resultado, a CIG faise coa maioría absoluta da representación onde até agora só tiña un delegado.

Por colexios, no de persoal operario, a candidatura da CIG obtivo 27 votos e 2 representantes, mentres que a de UGT tivo 10 votos e 1 representante. No colexio de persoal técnico, a candidatura da CIG obtivo 10 votos (1 representante), mentres que a UGT recibiu 13 votos e sacou o outro representante en liza.

A CIG-Industria de Ferrol agradece a confianza depositada nas súas candidaturas e reafirma o compromiso na defensa dos dereitos de todas as traballadoras e traballadores de Reganosa.