A CIG gaña as eleccións en Noa Madera Creativa
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas este xoves na empresa Noa Madera Creativa ao obter catro dos/as nove membros que integrarán o comité. A central sindical logra deste xeito duplicar a súa representación xa que no anterior proceso obtivo dous delegados.
As candidaturas da CIG foron as máis votadas tanto no colexio de técnicos/as (onde se escollían 2 delegados/as) como no de especialistas (no que se elixían 7 representantes). Os resultados foron os seguintes:
COLEXIO |
CIG |
CCOO |
USTG |
Técnicos/as |
1 |
1 |
- |
Especialistas |
3 |
2 |
2 |
DELEGADOS/AS |
4 |
3 |
2 |
Dende a Federación de Construción e Madeira da CIG de Ferrol agradecen o apoio e a confianza depositada polo persoal nas candidaturas da central sindical e valoran a elevada participación nestas eleccións, especialmente despois do conflito vivido na empresa, tras ser adquirida o pasado ano polo Grupo Malasa e pretender levar adiante un ERE totalmente fraudulento.
Neste senso, a CIG advirte que seguirá moi de preto os movementos que poida facer Malasa tanto no relativo ao desvío da carga de traballo, aos despedimentos como ás tentativas de precarización, e reitera o firme compromiso na defensa do mantemento dos empregos e para conservar e mellorar as condicións laborais dos traballadores e das traballadoras.