A CIG gaña as eleccións en InLeit ao lograr cinco representantes dun comité de nove
A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas no día de onte en InLeit (empresa situada en Teixeiro e que se dedica á produción de derivados da proteína do leite) ao lograr cinco das/os nove membros que formarán o comité.
Por colexios, a CIG só presentou candidatura no de especialistas, onde obtivo cinco delegadas/os e 73 votos, mentres a lista de CCOO sacou un representante e 23 votos. No colexio de persoal técnico a UGT foi candidatura única obtendo as/os tres delegados en liza e 37 votos dun censo total de 76.
A CIG quere agradecer o apoio e a confianza depositada na súa candidatura, tendo en conta ademais que esta é a primeira vez que as traballadoras e traballadores desta empresa escollen á súa representación legal, e reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos e a mellora das condicións do conxunto do persoal.