A CIG gaña as eleccións en Cerámicas do Castro ao sacar os cinco representantes do comité
A CIG vén de gañar as eleccións celebradas na fábrica de Cerámicas do Castro (Grupo Sargadelos) de Sada ao obter os/as cinco delegados/as de persoal que se elixían. A central nacionalista foi a única que presentou candidatura tanto no colexio de técnicos/as como no de especialistas.
A central agradece a confianza depositada polos traballadores e as traballadoras na candidatura da CIG, que se fixo coa maioría absoluta do comité malia só ter representación neste centro dende hai dous procesos sindicais. Este resultado supón un aval ao traballo sindical realizado nestes anos, polo que a CIG reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos de todo o persoal e a seguir loitando, a través da negociación e da mobilización, para conseguir melloras nas condicións laborais e salariais.