A CIG gaña as eleccións en Aislamientos Soamar e no concesionario Peugeot, Manuel Rey, de Ferrol
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais nas empresas celebradas nas empresas Aislamientos Soamar e no concesionario da Peugeot, Manuel Rey de Ferrol. En Aislamientos Soamar, auxiliar no naval, a candidatura da CIG-Industria logrou a maioría absoluta no comité de empresa, obtendo tres dos cinco delegados, mentres que a candidatura de CCOO tivo os outros dous representantes.
A empresa conta cun cadro de persoal de 62 traballadores e traballadoras repartidos/as entre o estaleiro de Navantia-Ferrol e as súas instalación no concello de Narón.
Por outra banda, na empresa Manuel Rey Ferrol, concesionario da Peugeot na comarca, a CIG acadou dous dos tres delegados que se escollían.
Unha vez máis, a executiva comarcal da CIG-Industria "quere agradecer a confianza depositada polos traballadores e traballadoras desta comarca no noso modelo sindical".