A CIG faise coa representación sindical en Autoestradas de Galicia na provincia de Pontevedra
A FGAMT-CIG fíxose coa representación sindical en Autoestradas de Galicia na provincia de Pontevedra ao lograr os tres delegados de persoal nas elección sindicais que se veñen de celebrar. Dáse a circunstancia de que é a primeira ocasión na que a central foi quen de presentar candidatura nesta empresa.
No proceso participaron 30 dos 31 traballadores/as, e os tres candidatos da CIG sumaron un total de 69 votos, por 7 da UGT e 1 un branco. Era a primeira vez que se escollían tres delegados/as, xa que nas anteriores elixíase un só, que foi para o Sindicato Independiente de Trabajadores de Audasa (SITA).
Autoestradas de Galicia é una empresa fundada en marzo de 1995, integrada no Grupo ITÍNERE, dedicada á construción, mantemento e explotación das autoestradas de peaxe Puxeiros-Val Miñor (AG-57) e A Coruña-Carballo (AG-55), ambas de titularidade da Xunta de Galiza.
Dende a FGAMT-CIG agradecen o apoio e a confianza depositada polo cadro de persoal na súa candidatura e no proxecto sindical que representa, e adiantan a súa total disposición a loitar na defensa dos dereitos laborais do conxunto dos traballadores/as Autoestradas de Galicia.