A CIG faise coa maioría absoluta no comité de Remifer ao obter catro dos cinco membros

Con este resultado, a central dálle á volta a representatividade na empresa
Carballo - 25 Nov 2026

A Federación de Construción e Madeira da CIG fíxose con 4 dos 5 representantes en xogo na empresa de reforma de fachadas Remifer, con sede en Carballo, ao vencer con claridade no recente proceso electoral. A central nacionalista obtivo 25 votos que lle valeron catro representantes, mentras que a outra lista, a de CCOO, conseguiu oito votos e un representante.

Cómpre destacar que hai catro anos o resultado fora exactamente o inverso, ao obter CCOO catro representantes por un da CIG, nas primeiras eleccións sindicais celebradas daquela na compañía.

A Federación da Construción da CIG agradece o apoio á súa candidatura, “que avala catro anos de práctica sindical firme e combativa, e ponse a traballar desde xa para que o persoal avance en dereitos”.