A CIG expresa o seu profundo pesar polo falecemento de Teresa Mourín
Diante do falecemento de Teresa Mourín, onte 14 de decembro, a CIG de Vigo expresou o seu profundo pesar, recoñecendo a súa “inmensa traxectoria” como avogada laboralista a favor dos dereitos da clase traballadora.
Mourín, cuxo desempeño a configurou nunha referencia no Dereito laboral, exerceu como avogada nos servizos xurídicos do sindicato nacionalista desde 1994 deixando unha “pegada imborrábel”. Destaca tamén o seu activismo a favor da xustiza social e a súa implicación en causas solidarias e na loita feminista.
Desde a CIG trasladan publicamente o seu afecto á familia e amizades da finada, así como o seu máis sincero agradecemento pola súa enorme contribución na defensa das traballadoras e traballadores.