A CIG-Ensino esixe que se manteñan os apoios educativos até o 30 de xuño
A CIG-Ensino recibiu nos últimos días comunicacións dos centros educativos, sobre todo de educación secundaria, e do persoal afectado, denunciando que o persoal do programa PROA (Plan de Reforzo, Orientación e Apoio) vai ser cesado o 15 de xuño. Diante disto, o sindicato esixe á consellaría que rectifique e amplíe os contratos até o 30 de xuño.
A CIG-Ensino entende que non pode ser que no momento en que estes reforzos educativos son máis necesarios -na educación secundaria o tempo entre o 6 e o 22 de xuño, segundo a orde de calendario, dedicarase á preparación e realización das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, reforzo, ampliación e titorización- a Consellaría decida recortar o reforzo educativo dos que dotou aos centros educativos.
Denuncia que “estamos ante a enésima mostra de que para o goberno do Partido Popular o ensino é só un gasto no que se pode nin se debe aforrar” e afirma que se trata dunha incongruencia máis da Consellaría de Roman Rodríguez” que, no momento en que son máis necesarios os reforzos, elimínaos.