A CIG-Ensino anima a festexar o Día de Rosalía
Este firme convencemento é o que move á CIG a demandar, ano tras ano, durante a negociación do calendario escolar, a inclusión do Día de Rosalía na relación de datas a celebrar polos centros escolares, unha reivindicación para a que o ano pasado recadou o apoio dos claustros.
Por este motivo, a CIG-Ensino apoia tamén a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, que propón celebrar a data agasallando un libro en galego e unha flor, que envía propostas para pór en práctica co alumnado e que realiza lecturas públicas en diferentes vilas e cidades, propostas todas ás que convida a sumarse.
Ademais, a CIG-Ensino asegura que seguirá insistindo en que o 24 de febreiro se inclúa como unha conmemoración centrada no recoñecemento e difusión da autora que simboliza o Rexurdimento da nosa lingua e da nosa literatura. “Os desprezos manifestos da Consellaría non nos farán calar e seguiremos a sinalar os seus prexuízos e o seu autoodio”, afirma.
Ao tempo dá parabéns aos centros e bibliotecas escolares que con tanto traballo, imaxinación e ánimo están a celebrar xa esta data fulcral da nosa cultura.