A CIG denuncia que Lucus Logística aínda non abonou a nómina de marzo ao seu persoal
A CIG denuncia que a empresa Lucus Logística SL, que se encarga da xestión das bases de ambulancias do servizo de transporte urxente do 061 das localidades de Navia de Suarna, Palas de Rei, Guitiriz, Sarria, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro non lles abonou aínda aos seus 50 traballadores e traballadoras a nómina do mes de marzo.
Para o secretario da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, Christian López, esta noticia resulta preocupante polo incumprimento contractual e polas derivacións e implicacións "que poidan ter as persoas representantes desta empresa" no actual proceso de adxudicación do servizo do transporte sanitario urxente.
Por iso, a CIG insta a que se garanta o pago dos salarios periodica e puntualmente, e que se cumpra co recollido no convenio sectorial. E de igual xeito, insta a Xunta de Galiza para que se interese no seguimento desta situación de precariedade na prestación do servizo "que pode repercutir na calidade do servizo que deben recibir as persoas usuarias do SERGAS"