A CIG denuncia que Coremain podería estar deslocalizando actividade a Perú
A CIG denuncia que a empresa Coremain non renovou o contrato a un elevado número de traballadoras e traballadores, en concreto un 20% do persoal, entre xente da propia da empresa e ETTs, aproximadamente. A central sindical alerta de que porén, mentres destrúe emprego en Galiza abriu a mesma actividade en Perú. De feito asegura que desde que a empresa realiza actividades en Perú reduciuse o volume de incidencias no centro de traballo galego.
A CIG lembra ademais que o persoal ao que non se renovou, e cuxa a actvidade poderíase estar deslocalizando a Perú, realizou un enorme esforzo, a mediados de 2018, retrasando unha subida salarial prevista polo convenio. Porén varios traballadores están vendo como non se lles renova o contrato antes de que se faga a efectiva a subida acordada.
Nun sector como o das TIC, na que centos de mozos e mozas emigran do país en busca de oportunidades laborais, obrigadas polo desmantelamento industrial provocado pola inoperancia da Xunta en políticas activas de emprego, e no que as empresas acadan beneficios e cifras de negocio millonarias, é inaceptable que se empreguen Empresas de Traballo Temporal e se precaricen as condicións de traballo do conxunto dos traballadores e traballadoras, así como que se deslocalize traballo, perdendo o tan cacarexado "know-how" que pregoan nas súas notas de prensa por rabuñar uns euros mentres se fan asinar acordos para non ter que aplicar subidas recollidas no convenio colectivo.