A CIG denuncia que Autos Lozano non subrogou 6 traballadores da extinta Hermanos Gabeiras
A CIG quere denunciar o despedimento de seis traballadores procedentes da histórica empresa de transportes das Pontes, Autocares Hermanos Gabeiras. Estes traballadores, cunha antigüidade media no servizo de máis de 25 anos, non foron subrogados por Autos Lozano SL, malia que agora este grupo presta os servizos asignados a Gabeiras.
Lozano fíxose coa compañía pontesa no marco do concurso de acredores e con todos os contratos que viña realizando Gabeiras tanto no transporte de viaxeros/as, como no escolar e o transporte dos centros de día. O convenio colectivo sectorial recolle o dereito á subrogación do persoal, pero no momento efectivizar o cambio de empresa, Autos Lozano só incorporou a 11 dos 17 traballadores de Gabeiras.
A CIG vai recorrer esta decisión por incumprir o marcado no convenio colectivo e entende que se trata dun ERE encuberto a través do que Lozano busca desfacerse a custe cero dun persoal con moita antigüidade e dereitos adquiridos. Denuncia tamén que Lozano está realizando servizos que gañou no proceso de liquidación de Gabeiras, mais co seu propio persoal e non cos traballadores que xa prestaban estes servizos, deixando sen efecto as garantías propias do proceso concursal.