A CIG denuncia o golpe de Estado contra o pobo catalán, as súas institucións e os seus representantes

Chama a participar nas concentracións convocadas esta tarde en cidades e vilas galegas
Nacional - 03 Nov 2017

A Confederación Intersindical Galega manifesta a súa máis enérxica repulsa ao golpe de Estado perpetrado contra o pobo catalán, as súas institucións e os seus lexítimos representantes. Denuncia a vulneración, por parte do estado español, do principio básico da separación de poderes que rexe todo sistema democrático. Rexeita a persecución de ideas políticas, o encarceramento de persoas por defendelas e o estado de excepción imposto pola vía dos feitos. Por iso chama a participar nas concentracións convocadas para esta tarde en cidades e vilas galegas pola Plataforma Galiza con Catalunya, da que a central sindical fai parte.

Concentracións

As concentracións están todas previstas para as 20:00 horas baixo o lema “Democracia e liberdade”, contra o golpe de estado do 155 e polo dereito de autodeterminación.

- Compostela: Praza do Toural

- A Coruña: Subdelegación do Goberno

- Ferrol: Praza Amada García

- Lugo: Subdelegación do Goberno

- Pontevedra: Praza da Peregrina

- Ourense: Subdelegación do goberno

- Vigo: Farola de Urzáiz

- Vilagarcía: Praza de Galiza

- Redondela: Praza do concello

Desde a CIG reiteramos toda a nosa solidariedade de clase co pobo catalán que unicamente quere expresarse en liberdade e exercer o seu dereito a decidir. Solidarizámonos tamén co soberanismo catalán, que vive ameazado por unha verdadeira cruzada do Estado español contra a liberdade e os dereitos democráticos e non dubida e dar un golpe de Estado pola vía da aplicación do artigo 155, que anula de facto o goberno de Catalunya e reclamamos o recoñecemento do dereito de autodeterminación de todos os pobos.