A CIG denuncia na Inspección de Traballo o uso fraudulento das horas complementarias en Correos na provincia de Pontevedra

Só en 2025 abonáronse máis de 13.000 horas, o que supón que 16 persoas traballadoras poderían ter pasado a xornada completa
Vigo - 26 Mai 2026

A CIG-Administración Pública vén de denunciar diante da Inspección de Traballo o uso fraudulento das horas complementarias en Correos na provincia de Pontevedra, incumprindo tanto o Estatuto dos Traballadores/as como o III Convenio Colectivo da empresa pública. Coas horas complementarias abonadas só en 2025 (máis de 13.000), 16 persoas traballadoras poderían ter pasado a xornada completa.

Dende a central sindican censuran que Correos rexistre este elevado nivel de horas complementarias mentres mantén persoal con xornadas parciais. “Denunciamos a ilegalidade que representa non ofertar xornadas completas nin informar delas ao persoal con xornada parcial, cando en 2025 fixéronse máis de 13.000 na provincia de Pontevedra e máis de 200.000 no conxunto do Estado”. 

Denunciamos a ilegalidade que representa non ofertar xornadas completas 

Segundo estes datos, coas horas complementarias abonadas na provincia só en 2025 máis de 16 persoas traballadoras podían ter disposto dunha xornada completa. “Ofertar xornadas parciais sen límite mentres se incumpre a lei dando máis horas complementarias que as permitidas e abonando horas extra é responsabilidade das organizacións asinantes do convenio en vigor: CCOO, UGT, CSIG e SL”, sinalan dende a CIG.