A CIG reclama intervir na Comisión do Pacto de Toledo
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, vén de dirixirse á presidenta da Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo, Celia Villalobos, para demandar, en nome da central sindical, a participación neste foro no que, neste intre, se debate o futuro do sistema de pensións.
Seixo manifesta que para a CIG e para as traballadoras e traballadores galegos ten grande importancia o debate que se está dando na comisión do Pacto de Toledo arredor do actual sistema de pensións e sobre o seu futuro e considera que precisamente pola súa relevancia “queremos dar a nosa opinión ao respecto”.
Lembra ademais á presidenta que supón “un agravio” e unha “clara discriminación” que habendo no Estado español catro organizacións sindicais que teñen a consideración de máis representativas: UGT, CCOO, ELA y CIG, porén esta Comisión só teña convocado ás dúas primeiras “deixando á marxe a CIG e a ELA”, denuncia.