A CIG consolídase como primeira forza nas eleccións sindicais na Xunta de Galiza

Obtivo un total de 150 delegados e delegadas incrementando a representación en 17
Nacional - 04 Nov 2019

O pasado xoves, día 31 de outubro, remataban os procesos electorais aos comités de empresa da distintas consellerías da Xunta de Galiza, que comezaron en decembro de 2018 na Consellaría de Facenda e no comité de empresa de Servizos Centrais, e remataron coas eleccións aos comités de empresa de Economía, Emprego e Industria. Unhas eleccións nas que a central sindical cosolidou a súa posición como primeira forza mesmo incrementando en 17 o número total de delegados e delegadas.

Os resultados en número de delegados/as tanto en persoal funcionario como en persoal laboral son:

 

   CIG   

 CCOO 

  UGT  

 CSIF 

 Outros 

 Xuntas de Persoal 

46

17

13

26

19

 Comités de Empresa 

104

125

56

90

17

 Total delegados/as 

  150  

142

69

116

36

En relación ás eleccións sindicais dos anos 2014/2015 os resultados son os seguintes:

 

   CIG   

 CCOO 

 UGT 

 CSIF 

 Outros 

 2014/2015 

133

124

91

99

2

 2018/2019 

150

142

69

116

36

 Diferenza 

  +17  

+18

-22

+17

+34

A CIG aumenta a súa representación en 17 delegados/as manténdose como primeira forza sindical na Xunta de Galiza. Tamén o fan CCOO e CSIF mentras UGT experimenta unha grande baixada. Ao mesmo tempo obteñen representación distintos sindicatos corporativos que non conseguiron os apoios suficientes como para estar presentes nas mesas xerais de negociación, como son SEPGA, SATSE, ACIVRO e tamén SEPXGA e CUT.

A CIG gañou as elección sindicais ás Xuntas de Persoal funcionario, celebradas o día 11 de abril, onde obtivo 46 delegados entre as 5 xuntas de persoal, revalidándo así o primeiro posto na representación sindical do persoal funcionario. A central sindical mantense así como primeira forza na Mesa Sectorial de persoal funcionario:

Mesa Sectorial de persoal funcionario

 

    CIG    

 CCOO 

 UGT 

 CSIF 

 SEPGA 

 Total 

 2015 

6

3

2

4

 

15

 2019 

6

2

2

3

2

15

A CIG aumenta tamén a súa representación no comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza, pasando de 3 a 4 representantes.

Comité Intercentros de persoal laboral

 

   CIG   

CCOO

UGT

CSIF

Total

 2015 

3

4

3

3

13

 2019 

4

4

2

3

13

Das mesas xerais, que agrupan a representación na Administración Xeral da Xunta así como a do ámbito do ensino non universitario, SERGAS e persoal funcionario de Xustiza, aínda se está pendente dalgún proceso electoral para poder constituílas. Pero dentro do ámbito da Administración Xeral, a representación da CIG aumenta entre as catro organizacións sindicais que van estár presentes nas mesas xerais, pasando dun 29,75% a un 31,45%.

Desde a CIG-Administración Autonómica queren agradecer a participación de todas as persoas traballadoras da Administración Autonómica, nomeadamente daquelas que depositaron a súa confianza na central sindical.