
A CIG consegue que se volvan habilitar dous prazos para cambiar de entidade no último Consello Xeral de Muface

Muface vén de responder á proposta que a CIG levaba tempo demandando e volverá habilitar dous prazos ordinarios para o cambio de entidade: un en xaneiro e outro en febrero. Recupérase o mes de xuño como mes de cambio ordinario. Ademais, todas as persoas mutualistas poderán cambiar extraordinariamente de entidade (entre privadas, sanidade privada-pública e viceversa) no mes seguinte á sinatura do concerto con ADESLAS e ASISA, que se prevé para maio. No caso de que a sinatura do concerto se demore coincidirían no mes de xuño ambos cambios, novo ordinario e extraordinario.
Muface no Estado
Tal e como anunciaramos hai uns meses Muface responde á proposta que a CIG levaba tempo demandando e volverá habilitar dous prazos ordinarios para o cambio de entidade, un en xaneiro e outro en xuño.
Unha vez resolto o concurso no que resultaron gañadoras Asisa e Adeslas, e mentres non rematen os trámites legais, foi prorrogada a adxudicación anterior ao mes de abril. Polo tanto, DKV terá obriga de manter a asistencia até ese momento.
Tamén confirmou Muface que unha vez asinado o convenio se abrirá un período extraordinario de cambio no cal o persoal poderá cambiar de entidade con liberdade total. De alongarse a sinatura do convenio estes dous prazos coincidirán nun.
Muface no exterior
Ao igual que no caso do Estado, houbo que facer unha nova licitación que xa está resolta. Vai prestar o servizo a Nova Mutua Sanitaria substituíndo a DKV.
Informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal sobre MUFACE
Neste mes de Marzo o AIReF publicou un informe no que parte da información que ofrece son coincidentes co xa publicado pola CIG con datos de Muface e no que queda claro que o novo persoal que accede a Muface faino na súa maioría na sanidade pública.
No informe tamén se constate unha realidade que coñecemos ben: no caso de enfermidades graves hai de novo un transvase desde entidades privadas aos servizos públicos de saúde.
Queda claro logo que o fixeron este ano as entidades sanitarias privadas foi unha chantaxe en toda regra ao goberno do Estado, unha chantaxe á que o goberno cedeu sen ofrecer ningún tipo de resistencia.
Polo tanto, desde a CIG volvemos esixirlle ao Goberno do Estado que nestes tres anos negocie o futuro das persoas mutualistas de Muface sen que se perdan as axudas de carácter social e sociosanitario que veñen actuando como un fondo de acción social: desde axudas por xubilación, falecemento ou sepelio até a prestación por parto múltiple ou toda a xestión de subsidios de baixas médicas superiores a tres meses.
O mantemento de todas estas axudas e dereitos debe ficar claramente fóra do debate actual sobre a prestación sanitaria e deben garantirse, por tanto e como mínimo, os fondos destinados actualmente, porque estas axudas e complementos son tamén un servizo público.
A CIG reafirma o seu compromiso coa sanidade pública e, por tanto, defende que neste período que se abre co actual concerto debe buscarse unha saída que se centre na defensa do sistema sanitario público.