A CIG consegue dous delegados en Viaqua Ourense
A CIG logrou dous delegados nas eleccións sindicais celebradas o pasado venres, 5 de xullo, na empresa ourensá Viaqua, que ten a concesión municipal para a xestión do abastecemento e saneamento da auga. Dende a Federación de Industria valoran moi positivamente o resultado acadado, xa que a central logra así recuperar representación neste centro de traballo logo de catro anos sen ter representación.
Dun total de sete delegados/as que se elixían no colexio de Especialistas, a CIG obtivo dous representantes, mentres que CCOO sacou 3, a CUT 1 e USO outro delegado.
A CIG-Industria agradece a confianza depositada polos traballadores e as traballadoras de Viaqua na candidatura da central nacionalista e reforza o compromiso na defensa e mellora dos dereitos do persoal. De igual xeito, a Federación de Industria traballará para conseguir mudar este resultado nas próximas eleccións e incrementar o número de delegados/as.