A CIG consegue a maioría absoluta nas eleccións sindicais en ALUMAN
A CIG incrementou a súa representación nas eleccións sindicais celebradas en ALUMAN, pasando de 6 a 10 delegados/as, co que consegue a maioría absoluta no comité fronte á UGT, que acadou 3 delegados/as.
No Colexio de Especialistas a CIG obtivo 226 votos e 7 delegados/as e a UGT 29 votos e 1. No Colexio de Técnicos a CIG obtivo 63 votos e 3 delegados/as e a UGT 61 votos e 2 delegados.
Diante destes resultados, as e os representantes da central sindical consideran que as traballadoras e traballadores veñen avalar o modelo sindical que representa a CIG e o labor desenvolvido ao longo destes anos.
A CIG quere agradecer ao persoal a confianza depositada e reitera o seu compromiso inquebrantable na defensa dos seus dereitos.