A CIG condena a sabotaxe do sistema eléctrico de Venezuela, detrás do que está o Goberno dos EE.UU
Entre a tarde do 8 de marzo e a madrugada do 10, Venezuela foi vítima dun novo ataque de sabotaxe, o maior na súa historia republicana, á central hidroeléctrica do Guri, que deixou sen electricidade a polo menos un 80% da poboación, co obxectivo de socavar todo intento por parte do Goberno venezolano de lograr a estabilización da economía e frear o cadro insurreccional que Estados Unidos e os seus monicreques, como Juan Guaidó tentan culminar exitosamente no país.
Desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) queremos mostrar o noso apoio ao pobo de Venezuela, e denunciar o goberno de Estados Unidos, que iniciou o uso de armas cibernéticas e pulso electromagnético contra o seu país, para causar o dito apagón. A sabotaxe fíxose tanto tecnoloxicamente como fisicamente. Tecnoloxicamente, porque atacaron ciberneticamente o centro de control e seguimento do sistema eléctrico do estado venezolano, e físico porque botaron abaixo dúas torres da liña de alta tensión de 700 KV, que é como se fose a columna vertebral do sistema.
Este acto cruel de guerra causou serios problemas en hospitais, garderías, redes de comunicación, redes de distribución de sistemas de auga potábel e saneamento, sistemas financeiros e comerciais, redes de transporte, etc., sen esquecer a implicación que ten para millóns de familias venezolanas na súa vida diaria.
Desde o primeiro ataque rexistrado até o momento, o goberno lexítimo de Venezuela continúa a traballar xunto coa industria eléctrica e as forzas armadas bolivianas, para restaurar a enerxía eléctrica e as redes afectadas e proporcionar apoio extraordinario aos centros de saúde afectados. De xeito paralelo, o pobo venezolano demostrou unha enorme vocación pola paz, atopando formas solidarias e comunitarias para manter a calma no medio dunha situación tan delicada.
Embargo contra Venezuela
O apagón é unha extensión do embargo contra Venezuela, da política estadounidense de restrinxir importacións, bloquear contas e obstaculizar o acceso ao diñeiro líquido no mercado financeiro internacional e no seu propio mercado petroleiro, prohibindo os pagamentos das exportacións a Venezuela. Tamén é unha metáfora do estado de sitio no que se mantén o país e de como o bloqueo financeiro que obstaculiza o uso dos cartos para recuperar un xa de por si debilitado sistema eléctrico nacional que sostén a actividade petroleira e económica do país, é o substituto das armas bélicas.
Esiximos que esta acción contra unha poboación civil debe ser categorizada como un crime de estado e de lesa humanidade, realizada polo goberno de Donald Trump, dada a conexión que foi feita pública e comunicacional por actores políticos implicados na administración e bloque político. Neste senso, solicitamos a replicación desta grave denuncia ante gobernos e organizacións internacionais de todo o mundo, sindicatos, partidos, redes e movementos sociais do campo e das cidades.
Sabemos que este ataque forma parte da estratexia dos Estados Unidos para asumir o control do cru de que dispón Venezuela e outros recursos naturais, e por iso están determinados a facer sufrir o seu pobo, como xa declararon Mike Pompeo, Mike Pence e o propio Donald Trump. Apoiamos a resposta determinante do pobo venezolano, reafirmándose no seu dereito a decidir o seu destino libremente, manter a democracia e a soberanía que conseguiron nestes anos. O destino de Venezuela débeno definir os e as venezolanos/as, en paz, e seguir erguendo as bandeiras do seu proxecto histórico:de socialismo comunal e do poder das persoas.
Condenamos o ataque eléctrico de Estados Unidos a Venezuela!
Mans fóra de Venezuela! ¡Basta xa á intervención Ianqui!
Sumámonos ao manifesto feito público por algunhas organizacións, como o movemento ALBA e outros, e animamos a sumar apoios doutras organizacións, que se poden trasladar a Virginia King FUNDALATIN: ao seu whatsapp privado + 549116964-9990 ou por correo electrónico virginiakingmartinez@gmail.com*