A CIG chama a secundar as mobilizacións do feminismo galego en repulsa á violencia machista
A secretaría da Mulleres da CIG e o conxunto da central sindical únense ao rexeitamento da violencia machista e chaman á mobilización de toda a sociedade galega contra o feminicidio de Soledad Rey, asasinada este mércores a coiteladas por Valentín Alonso, en Gondomar. As mobilizacións están convocadas polo feminismo galego en cidades e vilas de toda Galiza e terán lugar este venres, 4 de decembro.
A secretaría das Mulleres da CIG clama porque ningunha agresión quede sen resposta porque “non podemos asumir que os feminicidios son inevitábeis. Debemos exixir todos os medios precisos para garantir unha vida sen violencia para todas as mulleres, alertar de que o machismo mata e erguer as nosas voces para que o silencio non nos faga cómplices”.
Horas e lugares das mobilizacións:
- A Coruña, 20h no Obelisco
- A Estrada, 20h diante do Concello
- As Pontes, 20h na Praza do Hospital
- Cabanas, 19h diante do Concello
- Carnota, 20h na Praza da Pedra
- Celanova, 20.30h na Praza Maior
- Compostela, 20h na Praza 8 de Marzo
- Ferrol, 19h na Praza Amada García
- Noia, 20h diante do Concello
- Ourense, 20h na Castañeira (Subdelegación do Goberno)
- Val Miñor, 20h no cruce da Ramallosa
- Vigo, 20.30h no MARCO
- Vilagarcía de Arousa, 20h na Praza da Galiza
- Lugo, 20h diante do Concello