Alerta feminista: convocadas concentracións en repulsa á violencia machista
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este mércores 23 de agosto, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato de M.A.A.G a mans do seu ex-xenro, que intentou tamén secuestrar á súa filla de 21 meses.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
Así mesmo, con esta xornada nacional de loita en varias vilas e cidades do país, quérese denunciar un sistema patriarcal onde os fillos e as fillas das mulleres maltratadas son vítimas directas da violencia machista; que en demasiadas ocasións os maltratadores usan aos seus fillos e fillas para facer un dano irreparábel á muller; que a violencia machista é contra toda a sociedade e que as solucións son colectivas.
Lugares das concentracións, ás 20 horas:
-A Coruña, Obelisco
-Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño
-Ourense, Castañeira
-Pontevedra, Audiencia Provincial
-Lugo, na Praza do Concello
-Vigo, no Marco
-Ferrol, diante do Concello
-Bertamiráns, Praza da Maía
-Marín, diante do Concello