CIG chama a participar nas concentracións convocadas polo feminismo galego contra a violencia machista
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este mércores, 8 de febreiro, en varias localidades do país, en repulsa ao feminicidio de Beatriz Lijó o pasado domingo, en Baiona.
A central insta a toda a sociedade a que visibilice o seu rexeitamento aos valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
Horas e lugares das mobilizacións:
- A Coruña, 20h Obelisco
- A Guarda, 20.30h Praza do Reloxo
- As Pontes, 20.30h Praza do Hospital
- Betanzos, 20h detrás do Palco da música´
- Burela, 20h Praza da Mariña
- Cabanas, 20h diante do Concello
- Catoira, 20h Alameda do Concello
- Compostela, 20h Praza 8 de marzo
- Ferrol, 20h Praza Amada García
- Lalín, 20.30h Praza da Igrexa
- Lugo, 20h diante do Concello
- Melide, 20h Praza do Convento
- Moaña, 19h Praza do Concello
- O Porriño, 20h Praza do Concello
- Ourense, 20h Castañeira
- Padrón, 21h enfronte do Concello
- Pontevedra, 20h Audiencia Provincial
- Ribadeo, 20h Praza 8 de marzo
- Ribeira, 20h Praza do Concello
- Val Miñor, 20h Rotonda da Ramallosa
- Vigo, 20h MARCO
- Xinzo de Limia, 20.30h no mural do Centro de Saúde